Forestal

Xornada de restauración de espazos degradados por lumes forestais

A actividade, organizada pola Fundación Juana de Vega, inclúe unha visita de campo a Porto do Son

Campo Galego 13/06/2017 3:49 p.m.

A Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega programou unha xornada para abordar a restauración ecolóxica de espazos degradados polos lumes. A actividade desenvolverase na Cidade da Cultura o martes 20 de xuño e inclúe unha visita pola tarde a un área afectada por un incendio en Porto do Son.

O obxectivo da xornada é introducir ós asistentes ós procesos de restauración ecolóxica dos ecosistemas, con énfase nas accións urxentes de mitigación de danos tras os lumes. A actividade vai dirixida a técnicos de campo de ciencias ambientais e afíns (enxeñeiros forestais, agrónomos, biólogos, etc.). Tamén a calquera persoa interesada na temática.

Programa

9: 30 h. - 13:30 h
- Alternativas de actuación para a restauración ecolóxica. Almudena Rodríguez
- Accións de mitigación urxente contra a erosión forestal. Cristina Fernández Filgueira (Centro de Investigación Forestal de Lourizán).

15 a 18:30 horas
Caso práctico: visita de campo a un área forestal queimada con tratamento post-incendio de mulching (esparcimento de palla) en Porto do Son.

Prezo: 20 € (inclúe comida e desprazamento)

Etiquetado
Ir a la portada