Madeira

Xornada de rehabilitación en madeira

O Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia celebrará o xoves 3 de novembro unha sesión sobre o tema en Santiago, incluíndo unha visita a unha intervención arquitectónica

Campo Galego 24/10/2022 2:06 p.m.

Santiago acolle o próximo xoves 3 de novembro unha xornada de rehabilitación en madeira organizada polo Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia. Baixo o nome ‘Más Madera’, o evento pretende ser un punto de encontro entre profesionais da arquitectura, o deseño, industria, Universidade e Centros Tecnolóxicos onde debater as posibilidades que ofrece a rehabilitación en madeira e mostrar diferentes solucións técnicas con este material.

A rehabilitación converteuse nunha das solucións á crise sufrida polo sector da construción. O interese crecente, tanto de promotores como de clientes por esta disciplina tradúcese en novas iniciativas de construción en madeira. A posta en marcha do centro de produción de madeira contralaminada (CLT) que opera en Galicia é un claro exemplo desta aliñación entre oferta e demanda, segundo sinala o Clúster.

O programa da xornada inclúe ponencias, debates e este ano recupérase a visita guiada a unha obra referente en rehabilitación, tras non poder realizarse na anterior edición por mor da Covid.

Programa

O evento desenvolverase no Hotel Palacio del Carmen (rúa Oblatas s/n), en Santiago.

10:00 h - Olladas dende a obra
Jorge Salgado, Salgado Cortizas Arquitecto

10:45 h - Inspección e diagnóstico de estruturas de madeira
Pablo Alonso, MADEiRA Arquitectura

11:30 h - Pausa café-

12:00 h - Construír con madeira, sostible ou eficiente
Leonardo Llamas, Edifico Arquitectur

12:45 h - MESA DE DEBATE: Retos da rehabilitación en madeira
Os relatores das Xornadas: Jorge Salgado, Pablo Alonso e Leonardo Llamas
Mario Carballo, xerente de Maderas Besteiro
Pablo Prada, xerente de Maderas Rubén
Modera: Idoia Camiruaga, arquitecta da Oficina Técnica do Consorcio de Santiago.

16 h. - Visita á intervención rehabilitadora da ala sur de San Domingos de Bonaval.
Guiados por Idoia Camiruaga e Ramón Fernández Hermida, autores do proxecto e arquitectos da Oficina Técnica do Consorcio de Santiago. Faranse grupos de 20 persoas para realizar a visita, con hora asignada.
Punto de encontro: Porta de acceso do Museo do Pobo Galego. Prégase puntualidade segundo a hora asignada.

Etiquetado
Ir a la portada