Leite

Xornada de produción láctea o martes 26 en Santiago

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 21/06/2018 11:29 a.m.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza o próximo martes 26 de xuño en Santiago unha xornada dirixida a produtores de leite. A actividade conta cunha primeira parte de catro ponencias técnicas e unha segunda de obradoiro, na que que os gandeiros debatirán en grupos sobre cuestións como manexo dos rabaños, perigos e oportunidades para as ganderías ou solucións prácticas.

O horario da xornada é de 10 da mañá a 13 horas da tarde. A sesión comezará con catro ponencias técnicas, que abordarán as seguintes cuestións:

- Características dos sistemas de produción de leite e a súa influencia sobre o valor do leite en Europa (Paul Swagemaker; Universidade de Vigo).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Parámetros de futuro para o pago por calidade en Galicia (César Resch, Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo).

- Resposta de gandeirías ao mercado (Alberto Menghi).

- Capacidade de manexo na granxa ante as variacións do mercado (Roger Hildreth, gandeiro do Reino Unido).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A actividade, que se enmarca na rede europea Eurodairy, é de carácter gratuito, se ben hai que inscribirse previamente a través do teléfono 679-46.50.62 (María Rey, Agaca). A rede Eurodairy, na que participan organismos de 14 países europeos, conta en Galicia coa participación de Agaca, do Ligal e do Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Agacal).

Máis información
- Programa completo da xornada de Eurodairy en Santiago.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada