Desenvolvemento rural

Xornada de portas abertas en granxas da comarca de Chantada

04/05/2019 5:33 p.m.

A mocidade do Sindicato Labrego Galego (SLG) organiza o vindeiro 14 de maio, martes, as Segundas Xornadas de Granxas Abertas, que se celebrarán ao longo de todo a ano e que ese día centraranse en visitar granxas da comarca de Chantada.

O programa é o seguinte:

11:00 horas. Visita a “Tres Fuciños: Cooperativa Galega”. Pequena granxa produtora de Porco Celta situada no lugar de Castro, no concello de Carballedo. 

13:00 horas. Visita a Casa do Neiro, granxa de vacún de leite en ecolóxico. Lugar: Esmoriz, Chantada.

15:00 horas. Xantar no Cinema Palleiriso, en Garabelos.

17:00 horas. Visita a Adegas Diego de Lemos, en Pincelos (Chantada). Visita á unha adega co primeiro viño certificado en ecolóxico en Galicia.

Para máis información escribir a mocidade@sindicatolabrego.com ou chamar ao 981 554 147

Etiquetado
Ir a la portada