Noticias de empresa

Xornada de portas abertas de Auto Avión para presentar a nova serie de tractores Kubota M7001

A marca xaponesa introdúcese cos novos tractores na gama alta de potencia, con máquinas de entre 130 e 170 cabalos

Campo Galego 17/03/2016 3:11 p.m.

Auto Avión, concesionario oficial de Kubota, celebrou nas súas instalacións de Santiago unha xornada de portas abertas para presentar a nova serie de tractores Kubota M7001. O evento, ó que asistiron clientes e empresas colaboradoras, serviu para presentar os tractores cos que Kubota se introduce na gama alta de potencia, con máquinas de entre 130 e 170 cabalos.

O concesionario amosou tamén os apeiros de Kubota para abonado e para forraxe (segadoras, hileradoras e rotoempacadoras), así como o resto de series de tractores da marca, a Gx II e as menores en tamaño e potencia.

Galería de imaxes

[Best_Wordpress_Gallery id="105" gal_title="Kubota"]

Etiquetado
Ir a la portada