Noticias de empresa

Xornada de millo de LG, Entec e Progando en Trazo

Campo Galego 26/09/2023 4:36 p.m.

A gandería Bello acolleu unha xornada de campo para comprobar o resultado dos distintos ciclos e variedades de millo LG sementadas esta campaña. O ensaio desenvolto acompañouse da aplicación do fertilizante Entec, co obxectivo de garantir aportes de nitróxeno á planta ó longo de todo o seu ciclo.

A xornada de millo, que congregou a arredor dun cento de gandeiros a pasada semana, serviu para comprobar no sitio o resultado do millo xusto antes do seu ensilado. Recollemos neste vídeo un resumo das cuestións abordadas na xornada.

Etiquetado
Ir a la portada