Axenda

Xornada de iniciación ao pastoreo rotacional: gandería rexenerativa

16/11/2016 8:18 p.m.

Xestión Agrogandeira e Natureza organiza o vindeiro mércores, 23 de novembro, unha Xornada de iniciación ao pastoreo rotacional: gandería rexenerativa. Celebrarase no Centro Social de Labacolla, en Santiago de Compostela, en horario de 11:00 a 14:00 horas, e pola tarde realizarase unha visita a unha granxa en transición á produción de leite en ecolóxico.

O custo da inscrición é de 30 euros. Os interesados deberán realizar a inscrición antes deste venres chamando ao 620 806 414 ou enviando un correo a info@xangalicia.com

Ir a la portada