Axenda

Xornada de iniciación á agricultura ecolóxica no Courel

Campo Galego 02/09/2019 4:59 p.m.

A Estación Científica do Courel, ligada á Universidade de Santiago, programou para o sábado 21 de setembro unha xornada sobre agroecoloxía e produción ecolóxica. A actividade, concebida como unha iniciación para todas as persoas interesadas, desenvolverase en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

O programa abordará as seguintes cuestións:
- Agroecoloxía na mitigación e adaptación ó cambio climático.
- Principios básicos e estratexias de agroecoloxía.
- O solo, a xestión da materia orgánica e a nutrición das plantas.
- Rotación, alternativa e asociación de cultivos.
- A protección dos cultivos.
- Prácticas de compostaxe e traballo cultural. Este apartado incluirá a realización de prácticas.

A xornada contará como profesores con Xan Neira, Belén Díaz, Carlos Brea e Elena Díaz.

Para máis información e inscricións, pódese contactar coa Estación a través do correo electrónico estacion.courel.inscricions@usc.es.

Etiquetado
Ir a la portada