Axenda

Xornada de Horticultura: Profesionalización, Ecoloxía e Sostenibilidade

22/02/2016 12:31 a.m.

O Centro de Promoción Rural EFA-Fonteboa organiza para este mércores, 24 de febreiro, unha
Xornada de Horticultura: Profesionalización, Ecoloxía e Sostenibilidade.

O programa é o seguinte:

10.30 h. Sementes e variedades hortícolas adaptadas ao medio. María Canle. Técnico de Cultiagro.

11.00 h. Loita biolóxica na produción nos invernadoiros. Sabino Muiño. Xerente de Seda Galicia.

11.35 h. Café

11.50 h. Criterios para profesionalización da ecoloxía. Ernesto Sánchez. Director Técnico do CRAEGA.

12.30 h. Axudas e incentivos a produción sostible. Ramón Lamelo. Técnico da Consellería Medio Rural.

13.00 h. Presentación proxecto Ecogastronómico. José Santiso. Xerente de Fogar do Santiso.

13.40 h. Xantar

16.00 h. Visita a Explotación Hortícola “FOGAR DO SANTISO” (Trasellas - Teo)

18.00 h. Remate da Xornada

Inscrición:

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo chamando ao 981 733 051 ou enviando un correo a inscricion@efagalicia.org

Etiquetado
Ir a la portada