Desenvolvemento rural

Xornada de granxas abertas o 28 deste mes en Friol

16/02/2023 11:15 a.m.

O Sindicato Labrego Galego (SLG) organiza o 28 deste mes no concello lugués de Friol unha nova edición da súa xornada de granxas abertas.

Nesta ocasión, as persoas que se inscriban poderán visitar e coñecer de primeira man dúas ganderías de referencia, unha de carne en ecolóxico, e outra de leite, que apostaron con éxito pola transformación do seu propio produto: Traloagro e Casa Bértolo.

As persoas interesadas en asistir deben inscribirse chamando ao 981 554 147 ou cubrindo este formulario online. 

Velaquí o programa completo:

Etiquetado
Ir a la portada