Desenvolvemento rural

Xornada de granxas abertas na Terra Chá

12/04/2021 2:34 p.m.

A mocidade do Sindicato Labrego Galego (SLG) organiza para o vindeiro 30 de abril a oitava edición da “Xornada de Granxas Abertas”, neste caso na comarca lucense da Terra Chá.

A xornada inclúe unha visita a unha granxa avícola artesanal en Vilalba, á queixería Don Gabino, premio ao mellor queixo San Simón da Costa nas Catas de Galicia 2020 e á asociación Espazo Agroecolóxico A Estruga.

As persoas interesadas en asistir poden enviar un email a mocidade@sindicatolabrego.com ou chamar ao teléfono 981 55 41 47, preguntando por Nesi ou Conchi

Etiquetado
Ir a la portada