Agricultura

Xornada de formación sobre horta ecolóxica e a nova regulación

O curso celebrarase no Centro de San Paio (Coristanco) o vindeiro martes en horario de mañá e de tarde

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 16/11/2022 3:52 p.m.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria organiza un curso de formación sobre horta ecolóxica en Coristanco, no Centro de San Paio. Celebrarase o próximo martes en horario de mañá e tarde, de 9.00h a 15.00h e de 16.30h a 19.00h. Nesta páxina pode atoparse o referido curso e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios.

O obxectivo desta formación é que os alumnos obteñan os coñecementos necesarios sobre o novo regulamento de produción ecolóxica, no relativo aos conceptos de material heteroxéneo de reprodución vexetal e de grupo de operadores. Ademais, analizaranse tamén as sementes de produción ecolóxica e como xestionar a resistencia de pragas e enfermidades que afectan a este tipo de cultivos. Por último, realizaranse unhas prácticas de campo nunha explotación ecolóxica da zona.

Este curso está dirixido á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 981 540 252, ou enviarse un correo a ramon.jesus.lamelo.otero@xunta.gal.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada