Axenda

Xornada de formación para apicultores este sábado en Ourense

23/11/2017 7:54 p.m.

A Agrupación Apícola de Galicia organiza este sábado, 25 de novembro, unha xornada de formación para apicultores na localidade ourensá de Barbadás.

Na xornada apícola impartirase un obradoiro sobre elaboración de xabón con mel, propóleo e aceites esenciais. Este taller ten un prezo de 5 euros para socios e de 10 para non socios. A continuación impartirase unha charla sobre a recolección de pole, as súas características e usos.

A xornada concluirá cunha charla taller sobre alimentación suplementaria das abellas en épocas de escaseza e como preparar alimentos proteicos e enerxéticos. As persoas interesadas en asistir poden informarse no teféfono 988 360 089

Etiquetado
Ir a la portada