Desenvolvemento rural

Xornada de formación este mércores en Xinzo de Limia sobre a normativa de nutrición sostible en solos agrarios

Este acto está organizado pola Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia e terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Xinzo de Limia o vindeiro mércores 29 de marzo ás 18.00h

Campo Galego 28/03/2023 11:59 a.m.

A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia  (Adegal) organiza unha xornada informativa sobre o novo Real Decreto 1051/2022 de 27 de decembro, polo cal se establecen as normas para a nutrición sostible nos solos agrarios. Terá lugar o vindeiro mércores 29 deste mes no salón de actos da Casa da Cultura de Xinzo de Limia, ás 18.00h.

Neste evento intervirá a Xefa de Servizode Explotacións Agrarias da Consellería do Medio Rural en Ourense, Encarna Rodríguez Soto, e o Xefe do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Consellería do Medio Rural en Santiago de Compostela, Víctor Novo Vázquez.

[caption id="attachment_195880" align="alignright" width="440"] Cartel sobre a xornada. / Fonte: ADEGAL[/caption]

Etiquetado
Ir a la portada