Noticias de empresa

Xornada de deporte inclusivo organizada por Caixa Rural Galega

Internos do Hospital San Pablo e San Lázaro, de Mondoñedo, e alunos do IES San Rosendo comparten unha xornada de deporte na que practicaron deportes adaptados para persoas con discapacidades

Campo Galego 30/11/2018 9:26 p.m.

Caixa Rural Galega organizou recentemente unha xornada de deporte inclusivo en Mondoñedo cos internos do Hospital San Pablo e San Lázaro. A actividade, que se desenvolveu no pavillón polideportivo do IES San Rosendo, é consecuencia do compromiso adoptado por Caixa Rural no marco do seu programa Bicicleta Solidaria, que pasou este ano por Mondoñedo acompañando á Volta Ciclista a España.

O Movemento Paralímpico vive unha época doce, xa que tras anos de loita constante fíxose un oco dentro do panorama do deporte profesional, atraendo a atención da sociedade non só polos valores do deporte, senón polo seu papel na integración das persoas con discapacidade. Estas motivacións levaron a que Caixa Rural e a dirección do Hospital San Pablo e San Lazaro acordaran a celebración dunha xornada de deporte inclusivo dirixida polos trainers paralímpicos Javier Soto e Enrique Floriano, destacados representantes do deporte paralímpico español, o primeiro en atletismo para xordos e o segundo en natación paralímpica.

Os internos do Hospital e un numeroso grupo de alumnos do Instituto tiveron a ocasión de practicar diversas modalidades de deportes adaptados como o voleibol sentado, atletismo para persoas cegas, fútbol adaptado e deportes para xordos.

A xornada serviu para reflexionar sobre valores como a integración e a igualdade de oportunidades, experimentando para iso as dificultades coas que moitas persoas conviven.

A xornada, organizada por Caixa Rural Galega, contou coa colaboración da Fundación Once e do Concello de Mondoñedo.

[caption id="attachment_78969" align="aligncenter" width="660"] Imaxe do grupo participante na xornada.[/caption]

Ir a la portada