Noticias de empresa

Xornada de campo do Valtra Smart Tour en Hitraf

A empresa cruceña congregou a arredor de 150 persoas nun día de probas dos tractores Valtra

Campo Galego 14/04/2019 12:06 p.m.

O Valtra Smart Tour tivo a súa única parada en España esta semana en Vila de Cruces (Pontevedra), onde a empresa cruceña Hitraf organizou unha xornada de campo para probar as distintas series de tractores de Valtra, que foron equipados para a ocasión con apeiros Pottinger. A demostración congregou a arredor de 150 persoas, que tiveron ocasión de manexar os tractores nunha parcela agraria anexa a Hitraf.

[caption id="attachment_87897" align="alignright" width="320"] Valtra Smart Touch.[/caption]

O evento contou tamén co camión do Valtra Smart Tour, que está percorrendo Europa para informar das innovacións da marca finlandesa, tales como o repousabrazos SmartTouch, que presenta un sistema intuitivo para o control completo do tractor. O dispositivo conta cunha pantalla táctil, un joystick e unha palanca de conducción multiusos.

O Valtra Smart Tour amosou ademais nas Cruces o manexo do tractor por autoguiado GPS, que facilita a precisión das pasadas do tractor, así coma as posibilidades do Valtra Connect, un dispositivo que permite o control de flotas e o seguemento de aspectos coma o consumo de combustible ou sobre o funcionamento da máquina.

[caption id="attachment_87903" align="aligncenter" width="660"] Asistentes á xornada de campo do Valtra Smart Tour.[/caption]

Etiquetado
Ir a la portada