Noticias de empresa

Xornada de campo de KWS para presentar o seu catálogo de millo e próximos lanzamentos

KWS Semillas Ibérica 06/10/2023 8:27 a.m.

KWS Semillas Ibérica amosou en Ordes os resultados das súas variedades comerciais de millo, nun amplo rango de ciclos, así como as innovacións que pronto sairán ao mercado.

KWS Semillas Ibérica realizou este mes de setembro unha nova xornada +KWS Galicia, o seu xa tradicional encontro de campo, que realiza tempada a tempada para mostrar toda a súa xenética a gandeiros e clientes.

KWS caracterízase por ser unha empresa innovadora no que a sementes se refire. Esta campaña non é a excepción e na súa última xornada +KWS, realizada en Buscas (Ordes), presentou o seu catálogo de variedades comerciais de millo, así como as variedades que están próximas a lanzamento.

Ademais, nesta ocasión puidemos contar coa colaboración de Joaquin Kaspar, que pertence á área de agroservice de millo, presentando tamén un campo de microparcelas onde se puideron ver variedades que están en valoración para futuro rexistro.

Os asistentes puideron comprobar e coñecer da man de Pablo Mosquera, Pedro Calvo e Angel Blanco as características físicas, analíticas e sanitarias das distintas variedades, destacando as seguintes:

Próximos lanzamentos
Neste rango de ciclos, puidemos ver variedades que pronto sairán ao mercado, como KWS Lusitano e KWS Hypolito, ambas no rango FAO 350 a 400 e que veñen a completar un catalogo da máxima calidade.

En rangos superiores, FAO 450, os asistentes puideron ver a variedade KWS Mikaelo, que vén acompañar a KWS Selecto nese rango de ciclo. Esta variedade KWS Mikaelo demostrou en todos os campos unha gran rusticidade, con producións record neste ciclo, conseguindo analíticas moi enerxéticas e dixestibles, cunha gran conversión a leite.

Unha innovación de interese é KWS Mikaelo, ciclo FAO 450, que demostrou gran rusticidade, con producións récord e análiticas moi enerxéticas e dixestibles, cunha gran conversión a leite

Outro ano máis dáse por celebrada unha xornada de gran valor técnico onde KWS Semillas Ibérica volveu demostrar que continúa ofrecendo variedades e híbridos adaptados ás necesidades do mercado e ás condicións do campo. Vémonos novamente en setembro do 2024!.

[box style="0"]

Contacto

Angel Blanco
Responsable área noroeste KWS Semillas Ibérica

670 558 619
angel.blanco@kws.com

[/box]

Etiquetado
Ir a la portada