Axenda

Xornada de Agaca de xestión de xurros en Mabegondo

Campo Galego 29/01/2016 9:21 a.m.

A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca) programou para este luns 1 de febreiro unha xornada técnica sobre a xestión de xurros. A actividade, que se enmarca dentro do proxecto Icoopera, apoiado pola Consellería de Economía, celebrarase en Mabegondo, no Centro de Investigacións Agrarias.

O programa da xornada inclúe charlas sobre o dimensionamento das foxas de xurro desde o punto de vista agronómico, así como sobre a xestión de efluentes, augas pluviais e xurro. Farase ademais unha visita polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo para observar algunhas das cuestións comentadas nas charlas. A xornada comezará ás 10.30 da mañá e rematará as 14 horas. Pódese consultar o programa aquí.

A asistencia é gratuita. Para inscribirse hai que escribir ó correo electrónico estudos2.agaca@gmail.com ou chamar ó teléfono 981.584-911 (Sandra).

Etiquetado
Ir a la portada