Axenda

Xornada en Trazo sobre aproveitamentos do monte

Abordarán o aproveitamento da resina e os cogomelos, a produción de castaña así como a labor da apicultura no monte. Tamén haberá un roteiro polo municipio

Campo Galego 22/10/2019 4:02 p.m.

O concello de Trazo (A Coruña) acolle o próximo sábado 26 de outubro unha xornada centrada en revalorizar o sector forestal. Ó longo da sesión abordarán diferentes propostas que ofrecen un aproveitamento do monte, tales como a produción de castaña e cogomelos ou a extracción de resina dos piñeiros.

A xornada desenvolverase, boa parte dela, no centro social polivalente Viaño Pequeno, en Trazo. O horario será de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas. Contan con prazas limitadas polo que para participar é preciso inscribirse no correo electrónico correo@concellodetrazo.es ou chamando ó teléfono 981 689 001.

A continuación detallamos o programa completo da xornada:

-10.00 – 10.10 horas. Apertura do acto.

-10.10 – 10.50 horas. Actividade resineira, un complemento para a xestión dos piñeirais. Érika Martínez Carreira, de Sinergias Sostenibles Resiforest (Foresin).

-10.50 – 11.30 horas. Aproveitamento micolóxico. Marcos Besada Álvarez, da Asociación Espazo Agroecolóxico A Estruga.

-11.30 – 12.00 horas. Pausa.

-12.00 – 12.40 horas. Produción de castaña. Inacio Bellas Castro, de Viveiros Gudín.

-12.40 – 13.20 horas. A apicultura na xestión forestal. Diego Sánchez Agra, da Asociación Galega de Apicultura (AGA).

-13.30 – 14.00 horas. Mesa Redonda.

-16.00 – 18.00 horas. Roteiro polo concello de Trazo, guiado por Marcos Besada Álvarez, da Asociación Espazo Agroecolóxico A Estruga.

Etiquetado
Ir a la portada