Leite

Xenética Fontao prevé dispor para finais de ano de seme sexado de dous novos touros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
28/06/2016 12:05 a.m.

A empresa pública Xenética Fontao prevé dispor para o mes de novembro de seme sexado de dous novos touros xenómicos con alto índice GICO, Luaces e Duran, que se sumarán aos dous dos que xa ofrece este produto aos gandeiros Stop e Leomarcos.

Jesús Vázquez, director xerente de Xenética Fontao, explica que “na primeira semana de agosto esperamos enviar a estes dous touros, Luaces e Duran, ao Reino Unido onde contamos cunha empresa colaboradora, Cogent, punteira a nivel mundial en seme sexado bovino”.

Estes catro touros xenómicos caracterízanse polo seu alto nivel, cun GICO que ronda de media os 4.000 puntos, e altas puntuacións en lonxevidade, produción e sólidos (graxa e proteína). “Agardamos que para novembro/decembro estean disponibles para os gandeiros as doses de seme sexado destes dous novos touros”, avanza Jesús Vázquez.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O prezo das doses variará entre os 20 e os 28 euros e comercializarase a través das canles habituais, priorizando as explotacións lácteas que forman parte dos Africores e as radicadas en Galicia.

“Nos próximos anos o GICO cambiarase de novo para reforzar a lonxevidade e a produción de sólidos”

Polos demais, o director xerente de Xenética Fontao, destaca que o cambio realizado hai un ano no ICO por parte de CONAFE para primar os caracteres de lonxevidade das vacas e a produción de sólidos lácteos (graxa e proteína) “reforzarase dentro duns anos cun novo cambio do ICO”. “A reorientación do ICO -subliña- está sendo progresiva e moderada, pero vaise reforzar porque as calidades están sendo primadas no prezo do leite”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada