Viña

Xa está en marcha a Primavera de portas abertas nos Roteiros dos Viños de Galicia

Tamén haberá restaurantes onde se escollerá entre dous menús concibidos particularmente para esta ocasión, e aloxamentos con ofertas especiais para a fin de semana.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
21/04/2023 10:48 p.m.

Turismo de Galicia, en colaboración coas Asociacións Roteiros dos Viñedos de Galicia, organiza esta primavera as actividades dos Roteiros do Viño de Galicia, coas que, de maneira conxunta,nas cinco denominacións vitivinícolas galegas se leva a cabo un programa completo de actividades de enoturismo.

Durante cinco fins de semana entre os meses de maio e xuño poderanse facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción.

Tamén haberá restaurantes onde se poden escoller entre dous menús concibidos particularmente para esta ocasión, e aloxamentos con ofertas especiais para a fin de semana.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En cada Roteiro poderase atopar ademais un programa especial de actividades para a fin de semana: autobuses do viño, catas comentadas, visitas a museos, roteiros monumentais, paseos en barca, e outras accións relacionadas co mundo do viño.

Nas adegas participantes realizaranse tres visitas guiadas o sábado e unha o domingo, co seguinte horario de atención:

Sábado: 11:00 h, 12:30 h e 17:00 h

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Domingo: 12:00 h

As datas programadas son:

Do 5 ao 7 de maio

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Programa Especial de Actividades na ruta do viño de Valdeorras

Do 12 ao 14 de maio

Programa especial de actividades na ruta do viño do Ribeiro

Do 19 ao 21 maio

Programa especial de actividades na ruta do viño Rías Baixas

Do 26 ao 28 de maio

Programa especial de actividades na ruta do viño de Ribeira Sacra

Do 2 ao 4 de xuño

Programa especial de actividades na ruta do viño de Monterrei

Tes toda a información nesta web.

[caption id="attachment_197810" align="aligncenter" width="660"] Presentación dos Roteiros do Viño en Santiago.[/caption]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada