Leite

Xa está disponible “Conta Láctea”, a ferramenta que axudará a profesionalizar as ganderías de vacún de leite de Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
04/08/2021 1:02 p.m.

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia presentou esta mañá en público “Conta Láctea”, unha plataforma informática online que facilitará ás explotacións de vacún de leite calcular os seus custos de produción, mellorando así a súa profesionalización e viabilidade.

O servizo, posto en marcha en colaboración coa Fundación Juana de Vega, permitiralle ás granxas levar a contabilidade e coñecer como son os seus custos de produción, e en breve comparalos coa media do sector e cos das granxas do seu mesmo estrato de tamaño.

No desenvolvemento desta ferramenta contable, específica para as granxas de vacún de leite, tamén colaboraron Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), a Cooperativa Agraria Provincial da Coruña e AgroNovo Ecoloxía.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade, destacou durante a presentación de “Conta Láctea” que “a plaforma é moi útil para levar a contabilidade dunha explotación por parte do propio gandeiro ou dun técnico, permitindo ter datos mes a mes, e a medida que os gandeiros a vaian utilizando poder compararnos co resultado medio de explotacións similares á nosa en tamaño”. Asemade, permite facer simulacións para ver os posibles efectos que poden ter nos resultados da granxa dende a suba do penso, o incremento da produción por vaca ou introducindo na ración máis forraxes propias e menos concentrados.

Ademais, unha vez introducidos os datos, a ferramenta arquívaos para non ter que volver introducilos dun ano ou dun mes para outro. Consta de sete apartados:

-Traballo: Onde se introducen o número de persoas propietarias e asalariadas da explotación, así como a modalidade na que están contratadas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Superficie Agraria Útil da granxa.

-Investimentos e débedas da mesma

-Ingresos da explotación.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Gastos variables.

-Gastos fixos.

Con todos estes datos que introducimos “Conta Láctea” ofrece unha conta de resultados resumida, cun prezo de referencia do leite que debería ter a granxa para cubrir os custos de produción.

“Servirá para que os gandeiros e organizacións de produtores negocien coas industrias lácteas”

Pola súa parte, o conselleiro do Medio Rural, José González, puxo en valor que esta ferramenta informática “que forma parte da Estratexia de Dinamización do Sector Lácteo Galego, axudará a levar unha xestión económica das mesmas máis profesional”.

Igualmente, avanzou que “estamos negociando co Ministerio de Agricultura que eses custos de produción que nos calculará Conta Láctea sexan de referencia na próxima Ley de la Cadena Alimentaria para negociar contratos entre industrias e gandeiros”, pois como é sabido, a Ley de la Cadena Alimentaria prohíbe transaccións por baixo dos custos de produción.

Accede aquí á aplicación Conta Láctea

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada