Neste sentido, este luns, 14 de decembro, realizarán unha xornada de presentación dos resultados online, emitíndose por streaming en formato webinar.
Programa :
12:30-12:50. Presentación das xornadas, a cargo de Jose Luis Cabarcos Corral, director da Agacal; Juan Manuel Casares Gándara, director da Evega, e Jose Manuel Andrade Calvo
Director da Fundación Juana de Vega
12:50-13:10. Exposición dos resultados:
-Pilar Blanco Camba: "Saccharomyces cerevisiae XG3: orixe, potencial fermentativo e capacidade de implantación nas fermentacións industriais".. Evega-Agacal
13:10-13:30 Exposición dos resultados:
-Mar Vilanova: "Perfil aromático e sensorial dos viños Treixadura elaborados con lévedo autóctono na DOP Ribeiro". Misión Biolóxica de Galicia-CSIC
13:30-13:45: Preguntas
13:45 Remate da xornada
Para realizar a inscrición na xornada sobre Uso de lévedos autóctonos para a diferenciación da calidade aromática do viño na DOP Ribeiro é necesario cubrir o seguinte formulario.