Leite

Webinar sobre sustentabilidade do sector vacún leiteiro: Aposta pola innovación e competitividade

Loading ad.
Ad could not be loaded.
05/12/2020 12:48 p.m.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), en colaboración co centro de investigación vasco NEIKER, organizan para o vindeiro mércores, 9 de decembro, un webinar sobre "Sustentabilidade do sector vacún leiteiro: Aposta pola innovación e competitividade".

Este foro ten lugar no marco do proxecto europeos Dairy-4-Future, no que se tratarán aspectos por recoñecidos expertos en áreas de nutrición, medioambiente e socioeconomía co obxectivo de conectar gandeiros e técnicos do sector e servir de inspiración para futuras innovacións no sector.

O seminario impartirase entre as 10:30 e as 12:30 horas, vía TEAMS, e ten o seguinte programa:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

10:30 Benvida e presentacións

10:35 Introdución. Proxecto Dairy4Future. Pilar Merino

10:45 Perspectivas do mercado de produtos lácteos e sustentabilidade das explotacións de leite. Francisco Sineiro

Loading ad.
Ad could not be loaded.

11:05 Carencias estruturais na cadea de valor do sector lácteo. Jorge Santiso

11:25 Estratexias de alimentación e valoración das emisións nas explotacións leiteiras. Gregorio Salcedo

11:55 Casos prácticos. Innovación en alimentación: Mabegondo e Fraisoro. Cesar Resch e Aser García

Loading ad.
Ad could not be loaded.

12:15 Peche e debate

Inscrición nesta ligazón

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada