A Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal – PEFC GALICIA organiza o vindeiro 30 de outubro un webinar gratuíto sobre “Montes veciñais, montes sostibles: ordenación, certificación, resina…”.
Nesta formación, que está cofinanciada por XERA, Axencia Galega da Industria Forestal, analizaranse cuestións como:
-Novidades en materia de ordenación e aproveitamentos forestais.
-Custodia do territorio e a súa relación co cabalo galego de monte.
-A marca de garantía “Piñeiro de Galicia”.
-A extracción de resina natural.
-Vías para certificar o monte.
As prazas son limitada. Pódese realizar a inscrición a través deste formulario.
Programa: