Leite

Webinar sobre manexo das vacas en transición

Loading ad.
Ad could not be loaded.
07/02/2021 12:09 p.m.

A Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina de España (ANEMBE)  organiza para o vindeiro mércores, 10 de febreiro, un webinar sobre manexo das vacas en transición.

A formación impartirase ás 20:00 horas vía online por Gustavo Shuenemann, profesor de extensión veterinaria en vacún de leite da Universidade de Ohio (Estados Unidos).

No seminario, que terá unha duración de media hora, máis as preguntas e coloquio posterior, analizaranse os procesos fisiolóxicos asociados á perda de condición corporal da vaca durante o post parto e o comezo da lactación, e o seu efecto sobre a saúde animal e a súa fertilidade.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Analizaranse tamén as posibles solucións ante tres casos prácticos: a vaca que sae en celo, a vaca que anovula e a vaca con quistes no ovario.

Para participar é necesario inscribirse nesta ligazón

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada