Leite

Webinar sobre manexo da vaca en transición

Loading ad.
Ad could not be loaded.
10/04/2021 5:31 p.m.

Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina de España ( ANEMBE) organiza para o vindeiro mércores, 14 de abril, un webinar sobre «Manexo da vaca en transición III".

A formación impartirase ás 20:00 horas vía online por Gustavo Shuenemann, profesor de extensión veterinaria en vacún de leite da Universidade de Ohio (Estados Unidos). O seminario terá unha duración de media hora, máis as preguntas e coloquio posterior.

A conferencia focalizarase en implementar un sistema-de-traballo para mellorar o manexo da vaca leiteira en transición en ganderías modernas cunha forte énfase en prevención e un proceso de mellora continua. Os conceptos modernos ilustraranse usando imaxes e/ou vídeos curtos para integrar as instalacións (TMR, camas, comedeiro, etc.) e o manexo consistente (persoas e protocolos) con CONFORT e saúde para mellorar produtividade e benestar animal cos recursos dispoñibles (nutrición, empregados, instalacións, etc).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para participar é necesario inscribirse nesta ligazón

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada