Leite

Webinar sobre deseño de establos para o muxido con robot

Loading ad.
Ad could not be loaded.
26/02/2021 8:57 a.m.

Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina de España ( ANEMBE) organiza para o vindeiro mércores, 3 de marzo, un webinar sobre «Deseño de establos para o muxido con robot"·.

A formación impartirase ás 20:00 horas vía online polo consultor canadense de gandaría de vacún de leite, Jack Rodenburg, que leva 20 anos de experiencia traballando con rabaños de muxido robótico, asesorando na xestión e o deseño de instalacións.

No seminario terá unha duración de media hora, máis as preguntas e coloquio posterior.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O muxido robotizado ten o potencial de mellorar a saúde e a produtividade das vacas á vez que reduce o traballo das granxas leiteiras até nun 30% e mellora a calidade de vida dos gandeiros e do persoal asalariado.. Pero moitos rabaños nunca obteñen resultados óptimos, porque os defectos de deseño nas instalacións obstaculizan o bo tráfico de vacas e o muxido frecuente, a comodidade e saúde das vacas e o manexo eficiente das mesmas.

Neste sentido, este webinar identificará os factores clave que fan que sexa un pracer traballar nos establos con robot de muxido, tanto para as persoas como para as vacas.

Para participar é necesario inscribirse nesta ligazón

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada