Carne

 Volven as San Lucas, a festa de raíz gandeira e popular de Mondoñedo

A programación comeza este xoves e o mundo do cabalo será protagonista o luns e martes, coa baixada das mandas desde o monte e a celebración da feira e os concursos morfolóxicos e de andadura

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 12/10/2022 9:22 a.m.

[caption id="attachment_182833" align="alignnone" width="660"] Un momento da presentación da programación das San Lucas, que cumpren 866 anos[/caption]

Este xoves comezan en Mondoñedo as San Lucas, que contan unha edición máis, a 866, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo cunha achega de 20.000 euros. O deputado Efrén Castro participou na presentación da programación deste ano xunto co presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Paz, o pregoeiro desta edición, Modesto Díaz, e o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, así como representantes da corporación municipal.

O mundo do cabalo será protagonista das San Lucas co paso dos cabalos polas rúas e Praza da Catedral de camiño á feira (luns 17, ás 18.00 horas), así como o propio mercado (martes 18, todo o día),  diferentes certames morfolóxicos e de andadura e unha exhibición de doma nocturna espallados ao longo dos festexos. A organización destacou nese senso a celebración por primeira vez dentro da feira do I Concurso de Andadura de Cabalo Marchador Galego, coa colaboración de Puraga, coa que se pretende poñer en valor a raza autóctona.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A programación artellada arredor desta raíz gandeira e popular da feira inclúe diferentes actividades que comezarán o xoves 14 co volteo das campás maiores da Catedral (13.00 horas) e  a lectura do pregón a cargo de Modesto Díaz (20.30 horas), involucrado durante anos na organización das feiras e festas e que, segundo adiantou, prepara un pregón baseado na súa experiencia vital como “un sanluqueiro e un gandeiro máis”.

Relevo á fronte da asociación organizadora

Efrén Castro destacou “a raíz gandeira e popular das San Lucas” e ratificou “a disposición da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para colaborar co tecido asociativo e cos concellos en citas coma estas que poñen en valor a tradición ligada ao rural e á gandeiría”. O responsábel provincial lembrou e agradeceu “o traballo realizado pola Asociación As San Lucas, con Miguel Souto á fronte nos últimos anos” e desexou á nova directiva “éxito na tarefa de dar continuidade a unha feira de referencia en Galicia”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As San Lucas 2022 manteñen citas culturais tamén tradicionais como a homenaxe e ofrenda floral a Pascual Veiga no Cemiterio Vello (domingo 16, ás 13.00 horas) e un encontro folclórico coa participación dos grupos A Subela, de Foz, Dambara, de Burela, Amado Lar, do Valadouro, e Asubios da Chaira, de Cospeito (domingo 16, ás 18:00 horas), ás que se suman espectáculos de narración oral e teatro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada