Carne

Volven repetir todas as cotizacións en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 26/04/2017 11:30 p.m.

Os prezos que fixan as mesas de prezos de Amio mantéñense sen cambios por terceira semana consecutiva. Tanto a Mesa de Prezos de Abasto, que fixa as cotizacións do gando de recría, vacún maior e becerros carniceiros, como a Mesa da IXP Ternera Gallega, decidiron por unanimidade a repetición de valores. En recría, iso si, observouse tendencia á alza nos machos de raza frisona.

En canto á asistencia de gando á feira, houbo 2.412 reses, 304 máis que a pasada semana. Entraron no recinto 1.896 cabezas de vacún menor, 256 de vacún mediano e 243 de vacún grande.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de prezos de Amio (26-IV-2017)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada