Leite

Volven as poxas de gando frisón na provincia de Lugo: O 12 de marzo en Chantada

Loading ad.
Ad could not be loaded.
03/02/2022 4:55 p.m.

Logo do parón obrigado pola pandemia do Covid 19, AFRICOR Lugo retoma o calendario de poxas de gando frisón. A primeira deste ano celebrarase o vindeiro 12 de marzo en Chantada.

Africor Lugo aposta por estas poxas en colaboración cos concellos,  a Consellería de Medio Rural e Xenética Fontao como medio para valorizar o traballo dos gandeiros asociados, pois estes certames permiten aos gandeiros ofertar os seus animais a moitos posibles compradores.

“Tamén constitúen unha oportunidade única para os compradores, xa que nestas poxas poden adquirir animais cunhas condicións sanitarias difícilmente mellorables, unha información xenealóxica completa e procedentes de ganderias cercanas, sen dúbida razóns de peso para asistir á mesma se necesita incorporar animais a súa explotación”, destacan dende Africor Lugo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O prazo para anotar animais para a poxa de Chantada remata o 11 de febreiro.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada