Leite

Volve subir o prezo da manteiga e do leite en po nos mercados internacionais

Loading ad.
Ad could not be loaded.
02/03/2023 5:06 p.m.

As últimas cotizacións tanto na Unión Europea como en Estados Unidos, Australia e Nova Zelandia confirman unha recuperación dos prezos dos produtos lácteos nos mercados, tras varios meses de baixadas.

Asi, o confirma o último informe do European Milk Market Observatory (Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea) publicado onte. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Estas son as tendencias que se observan nas cotizacións desta semana na Unión Europea:

-Manteiga: 498 €/100 kg, +0,8% nas últimas catro semanas

-Leite desnatado en po (SMP) 264€/100 kg, +2,8% ,,

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Leite enteiro en po (WMP): 355 €/100 kg, -1,1% ,,

-Queixo cheddar: 460€ /100 kg +0,3% ,,

-O leite spot en Italia baixa até os 0,505 €/kg

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Os costes de alimentación do gando subiron un 3% e os de enerxía baixaron un 4,6% na última semana de febreiro comparados coa mesma semana de xaneiro.

-A produción de leite en xaneiro subiu un 1,3% en Estados Unidos, un 1,2% en Nova Zelandia e un 1,9% no Reino Unido, mentres que caeu un 3,1% en Australia.

-En Estados Unidos e Nova Zelandia está a haber unha recuperación das cotizacións dos produtos lácteos, especialmente da manteiga e do leite en po enteiro.

Descarga aquí o último informe do European Milk Market Observatory

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada