Viña

Viticultores participan en Lugo nun curso sobre virus en viñedo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
28/09/2017 11:50 a.m.

Formar para previr. Ese é o obxectivo do proxecto europeo PAThOGEN, posto en marcha o pasado ano, coa intención de dotar aos viticultores e demais axentes implicados no sector vitícola dos coñecementos necesarios para identificar os síntomas dos virus que causan danos nos viñedos e ensinarlles que tipo de técnicas deben aplicar para controlalos e evitar a súa propagación.

Entre as accións desenvolvidas dentro do proxecto, FEUGA e a USC organizaron dous cursos piloto, un de nivel básico e outro avanzado, nos que están a participar 50 axentes, entre os que figuran viticultores, viveiristas, asesores, técnicos ou investigadores, para ofrecerlles unha aprendizaxe integral e práctica sobre o manexo das enfermidades víricas da vide.

A primeira sesión de campo do curso de nivel básico celebrouse o fin de semana pasado na Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus Lugo e nos viñedos experimentais da USC en Portomarín. Este próximo sábado, 30 de setembro, realizarase a primeira das sesións de nivel avanzado. A formación práctica en viñedos será útil para o recoñecemento de síntomas e para a toma de mostras.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O proxecto PAThOGEN desenvolveu unha plataforma de formación e-learning, dispoñible desde o mes de xullo, con contidos temáticos elaborados polos socios investigadores (USC, IFV e CREA), accesible para os alumnos participantes nos cursos piloto.

No proxecto participan socios de tres países: Francia, Italia e España. A Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) e o grupo de investigación da USC “Vitis Research” son os representantes nacionais de PAThOGEN. O Instituto Francés da Vide e o Viño (IFV) lidera o proxecto, no que tamén participa o Centro para a Investigación e Economía Agraria de Italia (CREA) e unha spin off (HORTA) da Università Cattolica do Sacro Cuore de Milán. Conta con financiamento procedente do programa europeo Erasmus+ e terá unha duración de tres anos.

Virus comúns en Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En Galicia, as patoloxías de maior incidencia nas cepas son o virus do enrolado, que manifesta o seu sintomatoloxía especialmente despois do verán e é causante c característico enrollamento cara ao envés, e dunha maduración heteroxénea da colleita cun menor contido en azucre; e o virus do entrenó curto, que se caracteriza por provocar unha importante diminución no rendemento da colleita e por orixinar alteracións na coloración das follas, deformacións nos sarmentos, como son os entrenós curtos e as bifurcacións.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada