Viña

Visitas a adegas e concertos na segunda edición do festival 17º Ribeira Sacra

Loading ad.
Ad could not be loaded.
25/07/2018 1:05 p.m.

Os viños da Ribeira Sacra serán protagonistas nesta segunda edición do Festival 17º Ribeira Sacra, unha iniciativa que conta co principal apoio do Goberno da Deputación de Lugo que achega 24.000 euros. Ademais dos propios concertos, hai actividades programadas para os días 27, 28 e 29 en 3 adegas distintas, coas que se pretende diversificar a súa oferta musical ofrecendo sesións gastronómicas e de viticultura. As adegas nas que se desenvolverán estas actividades son: Regina Viarum, Algueira e Via Romana.

Venres 27

19:30 ás 21:00 horas: Visita guiada pola Bodega Regina Viarum, con cata-concerto. Trátase dunha iniciativa coa que se busca crear un fluxo de sensacións a través das catas de viños desta bodega. Ao final do percorrido, os participantes realizarán unha cata dirixida por Santi Rivas con música en directo dun artista que se confirmará ese mesmo día.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Sábado 28

A partires das 13:00 horas haberá dúas actividades diferentes na Bodega Algueira. A primeira delas, consistirá nunha cata a cegas que pretende pór a proba os sentidos dos participantes. De seguido, desvelaranse os viños catados e comezará unha segunda actividade, que durará de 14:00 a 16:00, que consistirá nunha degustación de alimentos típicos da zona.

Domingo 29

Loading ad.
Ad could not be loaded.

12:00 ás 13:00 horas: Taller de creación na Bodega Vía Romana “Los Secretos del Vermut”, trátase dunha cata taller en dous actos. No primeiro cataranse os vermús Nordesía e, no segundo, os participantes terán que crear o seu propio cóctel que despois será valorado por un xulgado composto por membros da organización, persoal da bodega e a artista Holly Miranda.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada