Viña

Viños do Ribeiro premiados nas Catas de Galicia 2020

Loading ad.
Ad could not be loaded.
12/11/2020 7:55 p.m.

Representantes da Consellería do Medio Rural desprazáronse esta tarde á sede da Denominación de Orixe Ribeiro para facer entrega dos premios das Catas de Galicia relativas a este selo de calidade.

Velaquí os gañadores das distintas categorías:

D.O. RIBEIRO

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Viños brancos

 
MARCA PREMIADA E ADEGA
1º POSTO E ACIO DE OURO PAZO DO MAR “Expresión”. Treixadura – ADEGAS PAZO DO MAR, S.L.
2º POSTO E ACIO DE PRATA EDUARDO BRAVO. – PAZO LALÓN, S.L.
3º POSTO E ACIO DE BRONCE PAZO CASANOVA – BODEGAS Y VIÑEDOS PAZO DE CASANOVA, S.L.

COLLEITAS ANTERIORES BRANCO

 
MARCA PREMIADA E ADEGA
1º POSTO E ACIO DE OURO SON DE ARRIEIRO. XULIA BANDE – JULIA MAR BANDE PIVIDA
2º POSTO E ACIO DE PRATA 1932 de PAZO VIEITE 2018 – PAZO DE VIEITE, S.L.

COLLEITAS ANTERIORES TINTO

Loading ad.
Ad could not be loaded.
 
MARCA PREMIADA E ADEGA
1º POSTO E ACIO DE OURO ALTER. Brancellao e Sousón 2018. PRIORATO DE RAZAMONDE, S.L.
2º POSTO E ACIO DE PRATA TARABELO. ARCO DA VELLA- ADEGA DE ELADIO, S.L.

Cabe sinalar que nas Catas de Galicia deste ano participaron un total de 348 mostras, 125 de tintos e 223 brancos, pertencentes a 143 adegas. No tocante á denominación de orixe Ribeiro, participaron 70 mostras pertencentes a 30 adegas.

Ademais, mañá venres 13 será a quenda das DOs Valdeorras e Ribeira Sacra, mentres que o luns farase a entrega de acios á última denominación de orixe vitivinícola, a das Rías Baixas. Xa para rematar, o xoves 19 de novembro desvelarase na Cidade da Cultura de Santiago a identidade do mellor viño branco e do mellor viño tinto da comunidade neste ano 2020, ao tempo que se entregarán os Potes desta edición ás mellores augardentes e licores tradicionais de Galicia.

Imaxes dos premiados: 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada