Axenda

Viños fermentados en granito ou envellecidos no mar: Xornada da Evega sobre novas tendencias de elaboración

03/05/2018 1:07 p.m.

O vindeiro 16 de maio a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) organiza unha xornada sobre “Novas tendencias e procesos na elaboración de viños”. Desenvolverase no Salón de Congresos e Exposicións José Peña de Cambados (Pontevedra), en horario de mañá. Colaboran o Concello de Cambados, a Fundación Juana de Vega, o CRDO Rías Baixas e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL).

Na xornada destacados enólogos e viticultores falarán sobre novos procesos como os viños avellentados no mar, ou os elaborados en depósitos de granito, de cerámica ou de barro.

As prazas dispoñibles para esta xornada son 100. O prazo de inscrición rematará o día 14 de maio agás que se esgoten antes as prazas.

Podes descargar aquí o programa e a folla de solicitude de inscrición, 

Etiquetado
Ir a la portada