Viña

Viños de Monterrei premiados na Cata 2020

Os galardóns deste ano aos mellores viños na Denominación de Orixe foron para as adegas Terrae Monterrei e Vía Arxéntea en brancos e para Tapias Mariñán en tintos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 13/11/2020 11:29 a.m.

A Xunta de Galicia fixo entrega esta semana dos premios das Catas 2020 correspondentes á Denominación de Orixe Monterrei, onde foron recoñecidas as adegas Terrae Monterrei e Vía Arxéntea en brancos e Tapias Mariñán en tintos.

Este ano participaron na Cata un total de 42 mostras procedentes de 17 adegas inscritas ao selo de calidade da D.O. Monterrei. Representantes da Consellería do Medio Rural desprazáronse este xoves á sede da denominación de orixe ourensá para facer entrega dos premios das Catas de Galicia 2020 aos adegueiros de Monterrei, unha cerimonia que se viu condicionada no seu formato pola actual pandemia sanitaria.

O vindeiro día 19 na Cidade da Cultura entregaranse as distincións das augardentes e licores tradicionais canda os galardóns aos mellores viños tinto e branco, cumprindo estritamente as medidas sanitarias pola covid

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Estes días estanse a facer públicos en actos similares os galardoados das distintas denominación de orixe: Ribeiro, Monterrei, Valdeorras, Ribeira Sacra e Rías Baixas e xoves 19 de novembro desvelarase na Cidade da Cultura de Santiago a identidade do mellor viño branco e do mellor viño tinto de Galicia neste ano 2020, ao tempo que se entregarán os Potes desta edición ás mellores augardentes e licores tradicionais de Galicia.

Cabe sinalar que nas Catas de Galicia deste ano participaron un total de 348 mostras, 125 de tintos e 223 brancos, pertencentes a 143 adegas das cinco Denominacións de Orixe galegas. No tocante á D.O. Monterrei, participaron 42 mostras procedentes de 17 adegas.

Detallamos a continuación os gañadores das distintas categorías:
 
1º POSTO E ACIO DE OURO VIÑOS BRANCOS: 
PEPA PORTER – TERRAE MONTERREI, S.L.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

ELABORACIÓNS CON MADEIRA BRANCO:  
VÍA ARXÉNTEA. GODELLO E TREIXADURA 2018 – MANUEL GUERRA JUSTO

ELABORACIÓNS CON MADEIRA TINTO:
QUINTA DAS TAPIAS 10. – ADEGA TAPIAS MARIÑÁN. PAZO BLANCO NUÑEZ, S.L.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada