Desenvolvemento rural

Viño e Froita, un novo proxecto de cooperación para desenvolver a actividade agraria no Condado-Paradanta e nas Mariñas-Betanzos

A iniciativa, impulsada polos GDR das dúas comarcas, persegue a mobilización de terras agrarias destinadas á viticultura, así como a busca de outras alternativas

Campo Galego 08/03/2023 6:15 p.m.

O GDR Condado Paradanta presenta este venres, 10 de marzo, un novo proxecto de Cooperación Leader promovido conxuntamente co GDR Mariñas Betanzos. Con esta iniciativa búscase crear novas oportunidades para os territorios, nos sectores da viticultura e da fruticultura.

De xeito transversal tamén incluirá a ordenación do territorio, a mobilidade de terras e as enfermidades e pragas (flavescencia, vespa velutina, paxaros e xabarís), así como outras alternativas para as terras agrarias, a través dos cítricos e da mazá.

O programa desta xornada de presentación, que arrincará a partir das 10:00 horas e se desenvolverá durante toda a mañá na casa da Xuventude do Concello de As Neves (Rúa Entrecines, 10), incluirá tamén dúas mesas de debate sobre a vitucultura na D. O. Rías Baixas en na I.X.P. Viños de Betanzos, así como sobre a fruticultura en Galicia.

Etiquetado
Ir a la portada