Viña

Viña Costeira presenta Tamborá, o seu novo godello nado cun Bacchus de Ouro   

Loading ad.
Ad could not be loaded.
16/04/2019 5:46 p.m.

A cooperativa ourensá Viña Costeira acaba de sacar ao mercado Tamborá, un godello presentado na feira Salón Gourmets en Madrid, e xa foi premiado cun Bacchus de Ouro pola Unión Española de Catadores, converténdoo no mellor godello de Galicia.

Destaca pola súa cor verdosa, con reflexos dourados, limpo e brillante, e presenta un recendo intenso moi expresivo, con notas de froita branca, matices florais e botánicos. En boca, é un viño branco equilibrado, amplo e moi saboroso, cun final fresco e persistente.

Con respecto á súa elaboración, é un viño vendimiado manualmente en caixas de 18 quilos, con breve maceración prefermentativa, fermentación en depósito de aceiro inoxidable a temperatura controlada entre 16 e 18ºC e crianza sobre lías finas durante 4 meses.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A súa maridaxe ideal son mariscos e peixes en xeral, ademais de arroces e carnes brancas, cunha temperatura ideal de servizo de 9ºC.

Promoción de lanzamento online

O novo viño branco Tamborá, que debe o seu nome a un instrumento de percusión de orixe medieval, ao que se fai homenaxe co pentagrama e baquetas da súa etiqueta, xa se pode adquirir online, cunha promoción de lanzamento dun 15% de desconto e sen gastos de envío, só no mes de abril.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Con este lanzamento, Viña Costeira conta cun viño godello que achega ao seu portfolio unha melodía cada vez máis completa de matices.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada