Viña

Viña Costeira presenta Libatio, un proxecto para dixitalizar a elaboración do viño na adega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
17/11/2022 1:21 p.m.

A cooperativa Viña Costeira presentou este mércores os avances acadados no marco do proxecto LIBATIO, unha iniciativa para en colaboración con varias empresas galegas, para dixitalizar o sector adegueiro e poñer no mercado un produto diferenciado.

Este proxecto está subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), pertencente á Xunta de Galicia, cunha dotación de case 445.000€ a través do programa de financiación Conecta Hubs 2021.

LIBATIO persegue a introdución dun novo produto no mercado que leve a transformación dixital ao sector vitivinícola, unha industria que aporta ao redor de 200 millóns de euros anuais ao tecido industrial galego e que contribúe á dinamización e fixación de poboación no rural, especialmente na contorna das áreas de influencia das cinco Denominacións de Orixe Protexidas (Rías Baixas, Valdeorras, Ribeiro, Ribeira Sacra e Monterrei).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No marco deste proxecto estase a desenvolver unha plataforma web e uns dispositivos IoT que permitirán a monitorización en tempo real da etapa de maduración do viño almacenado nos depósitos de aceiro. Gracias á plataforma tamén se mellorará a trazabilidade de todos os procesos realizados en cada depósito, como catas e reenchidos, ademáis de poder levarse a cabo unha análise da superficie do viño mediante intelixencia artificial para detectar a presencia de bacterias.

Outro dos obxectivos do proxecto é a simulación da fase de fermentación do viño, proporcionando así unha predición sobre a evolución dos substratos involucrados no aroma e sabor do produto. Tamén se persegue mellorar a eficiencia enerxética das bodegas mediante o control da temperatura dos tanques durante fermentación, algo que no contexto actual de crise enerxética xa resultou nun aumento dos custos de máis do 35% con respecto ao ano anterior.

Dixitalizar as fases de envellecemento e maduración do viño

LIBATIO permitirá polo tanto dixitalizar as fases de envellecemento e maduración do viño. Ditas etapas, a diferencia do que sucede durante a colleita ou o embotellado, apenas contan con tecnoloxía dixital, e pode supoñer un aumento significativo do rendemento económico.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Este proxecto foi concedido a un consorcio de catro empresas galegas: Viña Costeira, SC Robotics (deseñadores de solucións IoT), Nigal (empresa de análise de datos mediante intelixencia artificial) e Indominus AS (especialistas en xestión de proxectos de innovación e enxeñería computacional).

No acto, que se celebrou nas instalacións centrais de Viña Costeira, tivo lugar a presentación do proxecto, unha visita á bodega así coma unha nova xuntanza do equipo de traballo, na que se puxeron en común os avances de cada un dos socios do consorcio. Asistiron tamén membros da dirección e do equipo técnico de Viña Costeira, Nigal, Indominus Advanced Solutions, SC Robotics así coma representantes das entidades colaboradoras.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada