Viña

Vilerma, unha das adegas históricas do Ribeiro, é adquirida pola vallisoletana Bodegas José Pariente

Loading ad.
Ad could not be loaded.
16/01/2024 12:01 p.m.

[caption id="attachment_66214" align="aligncenter" width="660"] Arsenio Paz en Adega Vilerma. Foto. Arquivo[/caption]

Bodegas José Pariente, da DO. Rueda, acaba de adquirir Adega Vilerma, un dos símbolos da Denominación de Orixe Ribeiro, pois foi unha das pioneiras na década de 1980 na aposta pola recuperación das variedades autóctonas da comarca, en especial a Treixadura. A operación de venda formalizouse o pasado xoves. A falta de relevo xeneracional nas pequenas adegas galegas e o atractivo dos viños brancos galegos están a favorecer a entrada de capital foráneo no sector vitivinícola de Galicia, con numerosas operacións deste tipo nos últimos anos. 

Bodegas José Pariente é unha empresa familiar que elabora viños en Rueda, fundamentalmente brancos, a partir das variedades verdejo e sauvignon blanc. A transacción prodúcese tras varios anos nos que se falou da posible venda da adega ante a falta de remuda xeracional na adega do avogado Arsenio Paz.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ademais da adega, situada nun edificio emblemático no concello de Leiro, a operación de compra tamén inclúe seis hectáreas de viñedo, nas que as variedades brancas son maioritarias, como na adega compradora. Pero a diferenza da de Rueda na que traballan con monovarietais, Vilerma segue a tradición histórica do Ribeiro na elaboración de coupages de variedades autóctonas: Treixadura, albariño, godello, loureira, lado e torrontés no branco e brancellao, sousón, caíño tinto, ferrón e tempranillo no tinto.

A noticia da venda foi adiantada pola edición dixital de PlanetaVino, de Proensa.

A nova empresa propietaria, con tres xeracións de viticultores, afirma que asegurará a continuidade da filosofía coa que naceu Vilerma da man do seu fundador, apostando pola profesionalización e as novas tecnoloxías.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada