Agroalimentación

Vila de Cruces exalta este xoves ao seu Galo de Curral

21/12/2016 9:39 a.m.

O concello pontevedrés de Vila de Cruces celebra este xoves, 22 de decembro, a XVII Feira de Nadal na que exaltará o seu Galo e Galiña de Mos de Curral. Os visitantes poderán degustar e mercar este produto tradicional, o Galo e a Galiña de Curral de raza autóctona de Mos, que nos últimos anos están a ser recuperado por varios avicultores da zona.

A feira abrirase ás 11:00 horas e inclúe unha exposición de razas autóctonas e degustacións ofrecidas por varios restaurantes de Vila de Cruces a partir das 12:00 horas.

Ir a la portada