Forestal

Videotitoriais para a poda de frondosas caducifolías e de piñeiros

Campo Galego 10/12/2020 2:29 p.m.

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) elaborou dúas guías audiovisuais enfocadas á silvicultura para a produción de madeira de alto valor. Un dos videotitoriais aborda a poda de frondosas caducifolias (cerdeira, castiñeiro para madeira, carballo, bidueiro, etc.), en tanto o outro trata sobre a poda de coníferas (piñeiro do país, piñeiro insigne, etc.).

Os vídeos, que foron elaborados co patrocinio de XERA, Axencia Galega da Industria Forestal, complementan os obradoiros formativos sobre poda que vén desenvolvendo a Asociación Forestal de Galicia nos últimos anos por toda a comunidade.

A AFG, por último, divulga tamén este folleto práctico no que resume consellos principais e calendarios de poda das principais especies.

Vídeo sobre a poda forestal de frondosas caducifolias

Vídeo sobre a poda forestal de coníferas

Etiquetado
Ir a la portada