Leite

Vídeo do primeiro ensilado do millo en Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
05/09/2019 5:57 p.m.

Este mércores comezou o ensilado do millo en Galicia na Gandería Queixeira, no concello lugués de Taboada. Son en total unhas 12 hectáreas de ciclo 270 que a maquinaria da cooperativa AIRA comezou a picar e que teñen previsto rematar mañá venres de ensilar.

“Esta zona, situada na ribeira do río Miño, ten temperaturas moi altas no verán co que o millo axiña seca, polo que se queres colleitar millo forraxeiro hai que sementalo cedo e tamén recollelo cedo”, explica José Luis Rigueira, propietario desta gandería de vacún de leite cunhas 60 vacas en muxido.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto á calidade, valora que “é unha boa colleita, con entorno a 40 toneladas de materia húmida por hectárea. Estaba empezando a secar e vai no punto idóneo, tirando a verde”, engade.

Porén, nesta granxa aínda teñen ensilado o millo máis cedo: “Hai 5 anos había moita seca e ensilámolo o día 20 de agosto”, subliña José Luis.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada