Agricultura

Vídeo: Graves danos no cereal e nos cultivos de horta da Limia polas enchentas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
20/12/2019 7:30 p.m.

[video width="848" height="480" mp4="http://www.campogalego.com/wp-content/uploads/2019/12/limia-asolagada.mp4"][/video]

A comarca da Limia está a padecer estes días o asolagamento de centos de hectáreas debido ás intensas choivas das últimas semanas, o que provocou a perda do pouco cereal de inverno que se sementara e perda en cultivos de horta.

Neste sentido, o sindicato Unións Agrarias, denuncia que “a falta de xestión na limpeza por parte da Consellería de Medio Rural, das canles de drenaxe da lagoa de a Limia está a agravar as enchentes en toda a comarca”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“Pese ao acordo e o plan de traballo acordado o pasado mes de setembro entre a Confederación Hidrográfica e a Xunta de Galicia, a realidade é que a primeira empezou aínda hai uns días a abrir as canles nas que ten competencias, mentres que os traballos nos que Medio Rural é responsable están totalmente sen acometer”, lembran dende Unións.

En canto ás perdas do cereal de inverno, -só se logrou sementar un 25% do total- perdeuse por completo, o que para o sindicato “supón unhas perdas de máis dun millón de euros e o asolagamento de unhas 2.000 Ha”, algunhas con máis de 1 metro de auga de altura.

“A Limia é unha comarca esquecida pola administración”

Pola súa parte, Amador Díaz Penín, agricultor e presidente da Asociación de Produtores de Pataca da Limia, ademais de edil de Medio Rural do Concello de Xinzo, critica que que “a Limia, a pesar de ser a primeira comarca agrícola de Galicia, está olvidada por parte das administracións”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Neste sentido, chama a atención sobre que “as canles de regadío están cheas de maleza e de salgueiros e colmatadas de sedimentos, de forma que non cumpren a súa función de desague”.

“Dende o Concello de Xinzo reclamámoslle a Xunta e Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que limpen os leitos destas canles e corten árvores que obstaculizan o desague; pero as dúas administración non se poñen de acordo ou como moito rozan as beiras das canles para facer que fixeron algo. E dende o Concello pouco podemos facer porque nin temos competencias nin recursos”, explica.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada