Viña

Vía Romana presenta un dos primeiros viños rosados da Ribeira Sacra

Loading ad.
Ad could not be loaded.
26/11/2018 8:18 p.m.

A Adega Vía Romana presentou este luns en Belesar (Chantada) un viño rosado elaborado con uva mencía cento por cento, que corresponde á anada de 2017 e que comezará a comercializarse no mes de decembro.

Á presentación asistiu o xerente da adega Juan Luís Méndez acompañado de Paula Carballada, directora técnica da adega, Óscar Gonzalez, enólogo. e en representación de Chantada Contra o Cancro, Manuel Vázquez.

Trátase dun novo produto innovador desta adega da Ribeira Sacra, que se caracteriza por unha evolución constante desde a súa creación en 1997 pero que sempre coida a calidade para elaborar viños que non entenden de présas. Neste sentido hai que lembrar que Vía Romana xa foi a primeira adega galega en presentar un viño vegano.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En palabras da súa directora técnica, Paula Carballada, o viño rosado "é fácil de beber e é máis asequible para un público máis novo". Aínda que o rosado non está amparado de momento baixo a Denominación de Orixe Ribeira Sacra trátase dun paso máis para ampliar a oferta dadas as características da zona. Sen embargo, o novo viño Vía Romana Rosado ten un fin primordialmente benéfico doando 1,5€ por cada botella á Asociación Chantada Contra o Cancro.

Neste sentido, Manuel Vázquez dedicou unhas palabras de agradecemento á adega e moi especialmente a Juan Luís Méndez "En nome de Chantada Contra o Cancro quero agradecer a Vía Romana e especialmente a Juan Luís, toda a axuda recibida desde que a asociación naceu en decembro de 2016",destacou.

"Esta será a primeira de moitas anadas da Vía Romana Rosado"

Vía Romana Rosado, en cata, presenta unha cor vermella cereixa brillante; toques de caramelo de amorodo e matices de pétalos de rosa, no seu recendo. Mentres que ao probalo nótase fresco, persistente e mantén unha acidez que pide un segundo grolo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Este rosado procede das cepas propias que teñen entre 20 e 60 anos e para a súa presentación ao público necesitou 8 meses en depósito e outro seis meses máis en botella.

Juan Luís Méndez, director xerente da Adega Vía Romana, sinalou que "esta edición limitada de Vía Romana Rosado para nós é moi especial polo carácter benéfico que ten e será a primeira de moitas anadas deste rosado colaborando coa asociación Chantada Contra o Cancro".

Por outra banda, nesta primeira presentación Juan Luís Méndez, aproveitou para falar do próximo lanzamento de Vía Romana anada 2017, que igualmente sairá ao mercado en decembro deste ano, con 120.000 botellas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada