Viña

A vendima en Valdeorras finaliza cun 15% máis de uva

Loading ad.
Ad could not be loaded.
19/10/2018 5:32 p.m.

Despois de 40 días desde o seu inicio, conclúe a vendima en Valdeorras cun total de case 4,7 millóns de quilos de de uva colleitados. O presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, compareceu hoxe ante os medios de comunicación para facer balance dunha campaña que se singulariza, especialmente, pola “óptima calidade da uva”, destacou.

En relación ao ano pasado, a cifra de quilos recolleitos ascende nun 15%. Por variedades, sitúase á cabeza en cantidade a uva godello (con máis de 2,6 millóns de quilos), seguida da mencía, con máis de 1,4 millóns de quilos. En terceiro lugar atópase a garnacha tintoreira, con máis de 357.000 quilos.

De palomino fino ( jerez) recolléronse máis de 170.000 quilos e de sousón un total de 44.000. Tras estas variedades, aparecen a tempranillo (case 19.000 quilos), a albarello (máis de 13.000 quilos), e a merenzao (preto de 6.000 quilos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nas últimas posicións temos a treixadura (máis de 2.100 quilos), dona branca (case 1.500 quilos), a negreda ou mouratón (746 quilos), a caíño tinta (683 quilos) e o grao negro (80 quilos).

Potencial das variedades sousón e albarello

García Pando referiuse especificamente ás variedades sousón e albarello como “dous tipos de uva que poden aumentar as posibilidades de ofrecer viños diferentes no territorio amparado”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“Só podo dicir para finalizar que máis aló dos fríos datos cuantitativos, un ano máis a uva recollida en Valdeorras permitirá elaborar uns viños brancos e tintos magníficos para que poidan ser disfrutados por todo tipo de padais, incluídos os máis esixentes”, afirmou García Pando durante a súa intervención ante os medios. “A pesar das pragas que afectaron os viñedos, toda a uva recollida tivo unha calidade excelente”, destacou.

“Os nosos viños gozan cada vez máis dunha prestixiosa reputación, gañan concursos internacionais e están entre os mellor puntuados en diferentes publicacións especializadas. Vimos, ademais, de acreditarnos coa certificación ENAC. Todo isto debe permitirnos superar a cifra de produción que colocamos nos mercados estranxeiros, e que na actualidade sitúase en torno ao 10%”, abundou.

Finalmente, García Pando quixo destacar que “a pesar das innovacións introducidas no sistema de control, a maioría impostas por ENAC, a campaña realizouse sen ningún tipo de incidencia importante”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada