Carne

Vendido en Silleda un becerro carniceiro por case 1.800 euros

O animal acada o prezo máis alto na historia da Central nesta categoría. Na sesión deste martes lógrase un novo prezo récord para as cotizacións medias dos tenreiros carniceiros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 21/12/2022 9:45 a.m.

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou este martes unha nova xornada de prezos de récord, desta volta de man dos becerros carniceiros. Así, esta mañá un tenreiro carniceiro foi adquirido por 1.799 euros, o maior prezo pagado por un exemplar desta categoría na historia da Central.

Trátase dun macho mestizo marcado como Ternera Gallega Suprema e nacido en marzo deste ano. O animal procede dunha gandería de Xermade (Lugo) e foi adquirido por Alimentación Vetusta, de Oviedo.

Ademais, a Central logrou nesta xornada un novo récord no prezo medio dos becerros carniceiros. Acadouse un valor medio de 1.054,92 euros, mentres o máximo ata o momento foran os 1.032,57 euros da semana pasada.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada