Carne

Vendido en Silleda un becerro carniceiro por 1.807 euros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 10/01/2023 4:07 p.m.

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca volveu acadar hoxe a súa maior marca en canto ao prezo pagado por un exemplar na categoría de becerros carniceiros. Un macho cruzado dunha explotación de Mesía (A Coruña) foi vendido esta mañá por 1.807 euros.

Trátase dun animal marcado co selo de calidade Ternera Gallega Suprema. O becerro ten case un ano, xa que naceu o 15 de xaneiro do 2022, polo que ao superar os 10 meses de idade, a súa carne xa non entraría na categoría Suprema, pero si en Ternera Gallega. O exemplar foi adquirido por Ganado Pachón, procedente de Llanera (Asturias).

Esta venda convértese no mellor prezo desta categoría ata o momento. Supérase a cifra récord que se acadara o pasado día 20 de decembro, tamén cun macho mestizo marcado como Ternera Gallega Suprema, polo que daquela se pagaran 1.799 euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada