Carne

Vendido en Silleda o boi máis caro da Central por 6.879 euros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 02/11/2021 9:13 p.m.

Este martes volveu ser de récord na poxa de vacún maior da Central Agropecuaria de Galicia-Abanca, celebrada en Silleda. Nesta ocasión un boi de raza cruce mestizo acadou un prezo histórico e converteuse no exemplar máis caro ata o momento. O animal, procedente dunha gandería do concello de Cedeira (A Coruña), foi vendido por 6.879 euros. O exemplar, que fixo os 6 anos o pasado mes de outubro, foi adquirido por Frigoríficos Bandeira S.L.

Ata o día de hoxe, o récord histórico desta categoría na Central situábase nos  6.782 euros, pagados tamén por Frigoríficos Bandeira S.L., o 28 de xaneiro de 2020. A semana pasada tamén se vendera un exemplar destacado que acadara o que era o segundo mellor prezo ata o momento. Daquela tratouse dun exemplar de raza Rubia Galega de 7 anos, pertencente a unha gandería de San Sadurniño (A Coruña) e que foi adquirido por 6.669 euros.

Prezo medio do vacún maior

Ó mesmo tempo, na Central volveu rexistrarse hoxe récord absoluto no prezo medio do vacún maior. Se o pasado 26 de outubro se acadaba o maior prezo medio desta categoría con 1.295,13 euros,  hoxe a Central situou este récord absoluto nos 1.298,87 euros.  

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“Estas novas marcas reflicten a crecente calidade dos exemplares de vacún maior que concorren semana tras semana ó mercado”, valoran dende a Central.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada